Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2005.
Descarga aquí este simpático audio A continuación introduzco para todos vós, unha peza musical inighualable... O debut de Aznar como rapeiro! Además do coñecido rap do condón de Fraga, que podedes atopar nesta páxina, na sección de humor, Andresinho colga para todos vós esta canción inédita, que resume en dous minutos as grandes palabras que o noso EXPRESIDENTE dixo durante nada máis e nada menos que oito anos... Menos mal que as resumiron nunha canción, porque en realidade tiñan para facer todo un disco... Descarga o desmaio de Don Manuel en pleno mitín Don Manuel Fraga Iribarne non podía xa co seu corpo... Tanta charliña ía acabar con el... Se e que está moi maior don Manuel, deixe de facer oposición que imos levar un desgusto... (Ou unha alegría) Descarga este vídeo para ver a realidade cos teus propios ollos!!!! En Iruña, uns xoves trataban de mostrar a súa opinión de xeito pacífico contra o derrumbamento dun edificio histórico pamplonica... Os cánticos e as pancartas destes rapaces non supuñan ningunha ameaza contra ningún navarro ou navarra, e moito menos contra ningún membro do corpo de policía, o cal actuou bombardeándoos con gases lacrimóxenos e lanzando pelotas de goma (non vos imaxinades á velocidade á que sae despedida esa bola e ademáis o peso que ten)... Máis tarde, unha moza e o seu pai dispoñíanse a voltar para o seu fogar, cando un cordón policial obrigounos a recúar... Unha pequena discusión acabou con feridos, tanto o pai e a filla, coma todos aqueles e aquelas que trataban de auxiliar ós feridos e de chamar a ambulancia... Que ameaza supón para un policía, armado con pistola, porra, casco, escopetas de goma e gas lacrimóxeno, un cidadán que se dispón a voltar o seu fogar a descansar, a limpa-lo chan, frega-la louza ou desfrutar do mero placer de estar no teu lar? A ETB tratou de rexistrar tódalas imaxes posibles, pero o impedimento das "forzas de seguridade do estado" non permitiu que iso fora posible... Este é un caso coñecido debido a que foi difundido polos medios de comunicación, pero... Cantos casos se dan no noso país ó ano? Cantas cargas policiais son "necesarias" segundo o goberno para evitar disturbios? A continuación propóñovos unha páxina na que poderedes atopar máis información cara este tema... Clica aquí para acceder a klinamen... Contra a tortura policial Descarga aquí este vídeo de minuto e medio, no que "busca" as verdades da FAES Tras as eleccións de marzal de 2004, nas que o día 14 dese mes, saiu victorioso o PSOE, multitude de organizacións fascistas afirman ter a verdadeira razón da súa victoria: a manipulación do resultado electoral vén dado polos horribles atentados acontecidos o 11-M... Participaron os socialistas, ou coma eles denominan "la izquierda española" na colocación das bombas? Aproveitaron os socialistas o horrible atentado para lograr captar máis votos o 14 de marzo?... Estas dúbidas (que non deberían nin tan sequera ser plantexadas), son algunhas das realizadas no bochornoso vídeo da FAES, no que afirma que algunha das primeiras preguntas dos terroristas arrestados foi: Quen gañou as eleccións? Paréceme vergonzoso que alguén poida dicir que un goberno gañou unhas eleccións aproveitándose dalgo de tal gravedade e tan serio coma o 11-M, o atentado máis amargo e con máis víctimas en territorio español... Non sería que o chamado "voto útil" xurdiu efecto? Non será que máis da metade de España deuse conta que o goberno do PP mentía, inganaba e roubaba ós españois...? O fuel oil non foi esparcido polos socialistas (o cal non quere dicir que se estiveran eles no goberno, non puidese suceder de igual xeito a catástrofe), nin tampouco enviou ás tropas españolas á Guerra do Iraque... En vez de pensar no 11-M, por que non se preocuparon do resto de graves erros que cometeron durante oito anos??? Este vídeo é toda unha delicatese para todo aquel que queira comparar un con outro... Descarga este simpático vídeo do programa de Telecinco El Informal Recordades a grabación difundida por Internet, na que Enrique Iglesias desafinaba de maneira espantosa? Pois aquí, dende Andresinho, poderes baixar o simpático e tronchante vídeo do programa El Informal no que afonda e ridiculiza aínda máis do que xa fixo o cantante el só... Baixade e a Olainíiiiii sin wen de riber di vai... Ou algo así di... Nesta fotografía, observades coma se poden unir varios personaxes de debuxos animados coma Barney (dos Simpsons), Cartman (South Park) e Jessica Rabbit. Este cartel foi creado por min e polo meu compañeiro e amigo David Vázquez para a festa da nosa facultade, Santa Kata. Lástima que non puideramos entrar no concurso para que o cartel fose impreso en camisetas e en pósters, pero a satisfacción de habelo feito e de que a idea fose inxeniosa (ou eso cremos), henos suficiente... Dicídenos vós que vos parece... Ninguén podía imaxinar que a selección de fútbol eslovaca ía ser tan feble. Apenas opuxeron resistencia ante un combinado español que estivo sensacional, sobre todo durante a primeira metade. O Vicente Calderón estaba repleto de xente para ve-lo partido. Nada máis comezar, nun saque de córner efectuado por Xavi, Luis García remata ó fondo das mallas cun excepcional testarazo. Dez minutos máis tarde, un exquisito pase de Xavi por riba da defensa, é recollido co peito por Luis García, quen sen deixar cae-lo balón, bate de disparo cruzado ó gardameta eslovaco... Unha primeira parte na que o dominio foi ibérico, e no que a calidade eslovaca en defensa deixaba moito que desexar... A segunda metade comezou con susto... Un pase a Casillas de Luis García é interceptado por Nemeth, quen envía o balón á rede... Cun 2-1, a selección iría moi presionada a Eslovaquia, e non podería apenas respirar... Pero no minuto 65, tras un errado remate de Luis García, Kratochvil parece rebasa-lo balón coa mao, aínda que a xogada é máis que dubidosa. O árbitro decreta penalti, transformado por Torres. De novo, tranquilidade... Pero Luis García era o home do partido, e tiña que rematar con hat-trick, e tras unha xenial xogada de Vicente (que saiu na segunda metade no canto de Reyes), o centro deste é rematado por Luis García co tacón. 4-1. Eliminatoria sentenciada. Pero habería tempo para un quinto que alzara a manciña... A dez minutos do final, Vicente realiza outro dos seus fantásticos centros, rematado de xeito soberbio por Morientes (recambio do ovacionado Luis García)... En fin, cabe destacar que Luis García é un crack inesperado, pero este rapaz catalán está triunfando na Premier League, e non é de estranar... Supoño que con este resultado deberemos estar en Alemaña... Pero, para unha vez que xogan ben, tampouco imos tirar cohetes... O bo faise esperar... Descarga o vídeo no que Berlusconi fala de todo salvo inglés... Se é que para ir ós States hai que ter unhas nocións de inglés... Non podes lamberlle o cú a Bush sen saber o seu idioma, aínda que moitos facíano igual no seu (véxase caso Aznar). United States, segundo Berlusconi é a flage da democrasi et pis... que vén intentando dicir que é a bandeira da democracia e da paz... Ai, ai, ai... Berlu, Berlu... Da seguinte, fíchante para o Mentireiro, Verdadeiro de Piñeiro... Aínda por riba de ternos Telecinco, non lle fas ben a pelota a Bush... Descargáde tódolos arquivos do traballo (xa que a maioría teredes Acrobat Reader, cólgovolos en .pdf, porque en Corel Draw habería máis problemas ). As camisetas de Cinemas da Lúa O cartaz de Somne en Cinemas da Lúa Como serían as entradas do cine? Unha carta de Cinemas da Lúa (Folla 1) As follas empregadas na empresa (Folla 2) Os sobres das cartas que envía a empresa A tarxeta do presidente e o tarxetón para felicitacións Este é un logotipo que lle entreguei onte ó mestre de Producción Publicitaria nos Medios Impresos. O traballo consistía en elaborar unha identidade corporativa gráfica, explicar a tipografía e a variedade cromátiva empregada e aplicar a diferentes soportes o logo. Esta ardua tarexa non sería posible sen a providencial axuda do meu grande amigo Denís, o cal lle agradezo moitísimo que gastara o seu tempo e a súa preocupación en botarme unha man para facer este traballo. Elixín unha sala de cines, por suposto, galega, que emprega coma logo a famosísima lúa dos irmáns Lumière dunha das primeiras películas da historia: Viaxe á lúa, de 1902. Gustaríame que deixarades a vosa opinión do logo, iso si, o mérito atribuidello a Denís que foi o que tiña maior idea de deseño ca min... Este é un traballo que entreguei o ano pasado á mestra de Comunicación Escrita. Pedíame unha narración, que contivera as palabras ordenador, facultade e chuvia... Cun diálogo (tanto directo coma indirecto), con esa base, escribín estas verbas... A ver que vos parecen... A continuación, cántovos unha canción portuguesa que aprendín en Polonia (si, si, en Polonia aínda que pareza mentira). Grazas a Mariana, Catarina, Carlos, Marco, Patricia, Isa e Tiago, podo fachendear e cantar cancións cando estamos cunhas birras entre amigos... Aí vos vai: Inmaculada a señora dos pasteis, pasteis! Mira que o viño nâo se acabe nos toneis, toneis! i que augardente seja cada vez mais forte Xura, xurarei que beberei ate a morte Cando eu morrer nâo quero choros e gritos, ao pé de min quero cinco, cinco litros Vai cara arriba, cara arriba e cara abaixo Vai cara o centroooooooooo.... vai cara o centro e bota abaixo 0-3... 0-3... 0-3... Nin máis nin menos, que tres goles no Santiago Bernabeu, para facer que o público tivera que renderse ante a clase de Ronaldinho, Eto´o e compañía... Tres latigazos... Tres espectaculares goles que nin Deus sabe se se volverán a repetir... Os brancos saíron coas de perder dende o comezo do partido... Neste partido comprobouse que perla era a millor: Leo Messi estivo á altura do partido, mentres Robinho deixou, en todo o partido, un regate e un centro sen rematador. Messi significou velocidade, desparpaxo, atrevimento, pase pero... falta de definición. A Pulga só tivo que definir, pero non o conseguiu. Jimmy Jump fixo acto de presencia ó comezo do partido, burlando os gardas de seguridade... No principio da segunda metade sae Mark Roberts... De streakers estivo o partido, porque ós merengues quedaron en bolas ante o esplendor do Barça. A festa comezou cun gol de Samuel, nin máis nin menos, un xiro no que dribla a tres rivais e un tiro recto eficaz, certero... Casillas nada puido facer... A festa continuou na primeira parte coas entradas de Messi... Tiña louca á defensa branca, driblando sen parar... Lembro coma me levantei cando na segunda metade, Dinho marcou o segundo gol... Colle o balón no medio do campo, vaise de Sergio Ramos cunha facilidade pasmosa, continúa correndo... e cun sutil recorte hacia a súa perna dereita, rómpelle a cadeira a Helguera e bate a Casillas, de maneira exemplar. O salto foi meirande ca co gol anterior... Tres amigos do Barça, o resto do Madrid... Coma rimos nolos tres... A guinda foi o terceiro... Dinho outra vez arrancou dende o medio do campo... Cando vin que o astro brasileiro collía o balón... gritei: Dinho! LÍALA! ti sabes!... Dito e feito. Volve a sentar a Sergio Ramos, e bate de disparo cruzado a Casillas de forma espectacular... Os aplausos comezaron a soar nun Bernabeu no que Laporta non puido celebrar os goles... Aínda por riba hoxe tamén lle gaña o Werder Bremen por tres goles a un... Se cando se está en racha, estase... Escribo este artigo porque si, porque estou canso, xa non podo máis... Ademáis de pasar unha fase na miña vida bastante confusa e insulsa, miro día tras día este blog e o meu mail para ver se hai algún comentario, algunha mensaxe de que esta páxina está servindo realmente para algo... Se isto aporta algo ás vidas do resto da xente que se digna a visitar a páxina, a maioría delas, case "obrigados" por min, porque son familiares e amigos ós que eu lles digo insistente: Visita a miña páxina... visítaa... Non creo que sexa xusto... Se a xente non lle interesa a páxina, non hai motivos para seguir... Por outra parte agradezo a colaboración dos visitantes e tamén dos poucos aínda que gratificantes comentarios que recibín... Moitas grazas. E ata sempre. |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras